2007-2011 INFANCIA E XUVENTUDE
PARA OS MÁIS PEQUENOS, DE 3 A 12 ANOS:
LUDOTECA INFANTIL
No caso dos máis pequenos, todos os anos, dentro do curso escolar e logo no período vacacional, o Concello organiza actividades a través do servizo gratuíto da LUDOTECA MUNICIPAL:
COMPARSA DE ENTROIDO - CARROZAS PARA OS REIS MAGOS - CANTAMOS PANXOLIÑAS.
DEBUXO - POSTAIS DE NADAL - PISCINA CLIMATIZADA - XOGOS POPULARES - FESTA DE HALLOWEEN.
CURSO DE NATACIÓN GRATUÍTO EN PISCINA CLIMATIZADA: De abril a xuño e de outubro a decembro para o ano 2011 todos os mércores.
LUDOTECA DE VERÁN: de luns a venres cursos de natación (piscinas municipais), informática, inglés, xogos, sendeirismo, cine e manualidades.