19/1/11

CULTURA E XUVENTUDE.

As inversións en infraestructuras para uso social e cultural que o Grupo de Goberno do Concello de Quiroga levou a cabo noutras lexislaturas, permiten neste período unha mellora importante na programación cultural, tal é o caso do Auditorio Municipal.

Auditorio Municipal de Quiroga
Grazas a este espazo, co su equipamento de luz e son e a súa capacidade, fixo posible a posta en escea de grupos como Milladoiro, actuacións teatrais de compañías profesionais como é o caso de "Fulano, Mengano e Citano", entre outras; exposicións, tanto de artistas locais como foráneos, música, danza, recitais, etc, conforman a intensa actividade cultrual que se ven desenvolvendo no noso Concello nestes últimos anos, superando ampliamente o centenar de actividades para todos os gustos e idades dos veciños de Quiroga.

Festival de nadal no Auditorio Municipal
Ao longo destes últimos anos cabe salientar, entre outras, as seguintes actividades culturais:
  • Concertos de música de Cámara: Ensamble Couperin, Grupo de Metais, Quinteto Pentafonía, et.
  • Concetos de música tradicional: Milladoiro, Treixadura, Faltriqueira, etc.
  • Concertos de música coral: coral Polifónica de Quiroga, e tamén as corais de Antas de Ulla, Bembibre, Foz, Gondomar, etc.
  • Bandas de música popular: amenizaron distintas festas da vila. Banda de música de Chantada, Palas de Rei, etc.
  • Exposicións: pintura, tallas, mobles, etc.
  • Actuacións de música e danza galega.
  • Obras de teatro: Agrupacións como "Fulano, Mengano e Citano", "Nova Escea", "Quinto acto", etc, representaron obras de teatro para todos os públicos.
  • Ludoteca infantil: durante todo o ano de luns a venres e nos periodos vacacionais de verán, nadal e Semana Santa.
  • Saídas culturais: base aérea de Matacán e Salamanca.
  • Organización e participación nos eventos do Concello: -Feira do Viño, -Mostra do Aceite, -Mostra do Mel, -Entroido, -Festival de Nadal, -Cabalgata de Reis e -Festas de Verán.
Festas de Verán en Quiroga
  • Apoio e fomento de iniciativas literarias: Presentación das publicacións editadas polo Concello: "Imaxes dunha Historia", "Cartas de Amor Vila de Quiroga", "O Sil Quirogués", "Quiroga, Encomenda de San Xoán", "Voces da Terra", organización de certames literarios como o "Encontro de poetas no Val do Sil", etc.