A política municipal do Concello de Quiroga, polo que ás obras municipais se refire, traducidas a infraestructuras e creación de novos servizos foi, nos últimos anos un exemplo de actuacións consecuente coa realidade das necesidades e en interese da comunidade. Foron, e nalgúns casos están a ser, as obras de construcción, a creción de novos servizos, as obras de saneado e abastecemento de augas, a restauración e rehabilitación de espazos naturais e arquitectónicos para o ocio, adecuación e acondicionado de rúas e pistas, así como doutras obras de carácter menor. Obras en xeral que lle dan ao Concello de Quiroga un algo grao de benestar social.
-OBRAS DE INFRAESTRUCTURA MUNICIPAL.
· CONSTRUCCIÓN DA PRAZA DE ESPAÑA: Sobre unha superficie de 3.500 m2, no solar onde estivera ubicado o antiguo cuartel da Garda Civil, érguese a Praza de España, un novo espazo no corazón da Vila destinado ao ocio e o tempo libre. Dispón de servizos de aparcadoiros soterrados, parque infantil, Escola Infantil e área de xardíns e zonas verdes.
Praza de España |
· PARQUE INFANTIL NO CONTORNO DA PRAZA DE ESPAÑA.
· PASEOS FLUVIAIS: Paseo fluvial dende a ponte de Vilaverde ata a desenvocadura do río Quiroga.
· SENDAS FLUVIAIS: Dende a Ribeira de Abaixo ata a Ponte de Vilaverde e dende a desenvocadura do río Quiroga ata Recubao.
· MELLORAS NO CAMPO DE FÚTBOL MUNICIPAL “SAN MARTIÑO”: Acondicionamento de servizos, gradas e iliminación.
· DOTACIÓN DE SERVIZOS, PRAZAS E OUTRAS ACTUACIÓNS NAS PARROQUIAS.
Ø Centro Socio-cultural de Paradaseca: construcción de nova casa no campo da festa.
Ø Centro Socio-cultural de Vilanuide: Restauración da antiga casa do pobo (1ª fase).
Centro Cultural de Paradaseca |
Ø Centro Socio-cultural de Campos de Vila: nova casa no campo da festa.
Ø Centro Socio-cultural de Enciñeira: Rehabilitación da antiga escola rural.
Ø Centro Social de Bustelo do Lor: Rehabilitación e acondicionamento de antiga casa.
Ø Restauración da antiga Escola Unitaria de Montefurado para usos múltiples.
Antiga Escola Unitaria de Montefurado |
Ø Acondicionamento da área de recreo no Soldón.
Ø Adecuación do contorno das Farrapas para a celebración da Mostra do Aceite de Quiroga.
Ø Construcción de prazas nos lugares de Carballo do Hospital e Nocedo.
Ø Rehabilitación de Fontes públicas en Anguieiros, Santa Cubicia e Penarrubias.
Ø Colocación de marquesinas para autobús en Augasmestas, Soldón da Seara, San Xulián e a Ribeira.
Ø Arranxo das Igrexas de: Hospital, Bendilló, Cereixido, Vilarmel, Outeiro, Bendollo, Enciñeira, Xestoso, Carballo do Lor, A Seara.
Ø Arranxo das Capelas de Pacios, Margaride, Ferreira, Anguieiros e Soldón da Seara.
Ø Arranxo e acondicionamento do contorno do Hospital.
Restauración da Igrexa de Hospital |
Área de recreo de Ponte Soldón |
- Obras de saneado na zona do Rego da Silva en Quiroga.
- Traída de auga a Vilanuide (Montefurado).
- Abastecemento de auga para rega no lugar de Bendilló.
- Construcción de tanque de auga e rede de abastecemento en Montefurado.
- Obras de saneado na Barca do Castelo.
- Obras de saneado en Anguieiros.
- Instalación de boca contra incendios en Alvaredos (Montefurado).
- Obras para a nova traída de auga no lugar de Covallos.
- Dotación de semáforos na rúa Real de Quiroga.
- Modernización da Rúa Caurel en Quiroga: construcción de beirarrúas e dotación de mobiliario urbano.
- Nova travesía de entrada a Quiroga polo Toucedo: renovación e reforzado do pavimento, ampliación do ancho da vía de acceso a 14 m., con dotación de beirarrúas e prazas de aparcamento lateriais. Pintado e sinalización da rúa.
Nova travesía de entrada a Quiroga polo Toucedo |
- Nova travesía na Ribeira.
Nova travesía na Ribeira. |
- Melloras na rúa Pereiro en Quiroga.
- Melloras na rúa José Amable.
- Melloras na rúa Ramón y Cajal.
- Acceso á Ribeira de Abaixo: ensanche e dotación de servizos.
Mellora da rúa de acceso á Ribeira de Abaixo |
- Pavimentación e outras actuacións: na práctica totalidade dos pobos do Concello: San Martiño, Centeáis, Bendollo, A Ermida, Bustelo, Paradela, Covas, Pacios da Serra, Secide, etc.