27/1/11

GRUPO DE EMERXENCIAS SUPRAMUNICIPAIS (G.E.S.) E PROTECCIÓN CIVIL.

Os Servizos Municipais de Intervención Rápida e de Protección Cilvil do Concello de Quiroga constitúense como servizo públicos e marco legal de actuación ante todo o sistema de prevención e resposta ante situacións de emerxencia locais orientado á protección física de persoas e bens nunhas correctas circunstancias derivadas de situacións de emerxencia de carácter xeral como son as provocadas por incendios forestais e urbanos, vento, precipitacións fortes, nevadas, accidentes de tráfico, deslizamientos de terras, etc. 

-ACTUACIÓNS DO GRUPO DE EMERXENCIAS SUPRAMUNICIPAIS.

.NO EIDO MEDIOAMBIENTAL.
  • Emerxencia contra o lume no ámbito forestal (24 h).
  • Recollida e transporte de cartón (negocios e particulares).
  • Servizo de recollida e depósito de residuos sólidos urbanos no punto limpo.
  • Reparto e colocación de contenedores de lixo en Quiroga e Parroquias.
.SERVIZOS DE CARÁCTER SOCIAL.
  • Reparto de comidas a domicilio a veciños con necesidades de atención física ou psíquica.
  • Reparto de alimentos da Cruz Vermella a familias necesitadas.

.MANTEMENTOS MUNICIPAIS.
  • Lavado e limpeza de rúas en Quiroga e Parroquias.
  • Reparación, lavado e desentupidos de desaguadoiros e sumidoiros públicos.
  • Reparación de estradas e camiños en mal estado por acumulación de neve.
  • Aplicación de sal en estradas e camiños por causas de xeadas e neve.
  • Reparación e bacheado en camiños de acceso ás parroquias.
  • Sinalización e balizado de zonas perigosas.
  • Colocación de alumeados e sinalización viaria para eventos en feiras e festas.
  • Sinalización e pintado de rúas en feiras e festas.
  • Colocación e reparación de mobiliario urbano en rúas parques e xardíns.
  • Aportación de auga en depósitos das parroquias por causas de sequía.
  • Reparación de contenedores, sinais e avarías no alumeado en xeral.

Lavado e mantemento de espazos públicos.

.COLABORACIÓN COS VECIÑOS:
  • Emerxencias contra o lume en domicilios particulares (24 h.).
  • Desentupido e reparación de desaguadoiros nas casas.
  • Entrada en vivendas por olvido de chaves.
-AGRUPACIÓN LOCAL DE PROTECCIÓN CIVIL.

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Quiroga constituíuse no ano 1.995 e dende entón realiza numerosas actuación e servizos de carácter local.
O Servizo de Protección Civil Municipal, dende a súa posta en funcionamento realiza intervencións en coordinación co Concello de Quiroga, co Servizo de Emerxencias 112 e coa Xefatura Provincial de Protección Civil, entre as que destacan:
  • Adecuación de pistas e camiños locais por exceso de chuvias.
  • Adecuanción de accesos ás parroquias por acumulación de neve, con máquina quitaneves.
  • Busca de persoas desaparecidas.
  • Loita contra incendios forestais e urbanos.
Emerxencias Protección Civil de Quiroga


Protección Civil de Quiroga nunha carreira ciclista

  • Control de tráfico e persoas en festas, feiras, probas deportivas, concertos, etc. En colaboración coa Policía Local.