27/1/11

QUIROGA: CONCELLO DE INTERESE TURÍSTICO.

O Concello de Quiroga foi declarado Concello de Interese Turístico por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 7 de xullo de 2005.

Quiroga vista desde a Conchada

Plan de sinalización turística
-OBRAS DE INTERESE TURÍSTICO NO CONTORNO NATURAL DE QUIROGA.
  • Construcción e sinalización do primeiro miradoiro xeolóxico de Galicia en Campodola.
  • Construcción de Paseo Fluvial na marxe dereita dos ríos Quiroga e Sil: a Ribeira - Recubao.
  • Acondicionamento e reforestación do campo da Festa da Ermida.
  • Conservación e creación de novas rutas de sendeirismo no Concello.
Miradoiro xeolóxico de Campodola

Paseo fluvial do río Quiroga
 -OBRAS NO MARCO ETNOGRÁFICO E CULTURAL.
  • Construcción de Museo Etnográfico no baixo do Auditorio Municipal de Quiroga.
  • Restauración integral da aldea da Seara.
  • Recuperación e acondicionamento das rúas da aldea do Castelo.
  • Rehabilitación exterior e interior da antiga escola unitaria de Montefurado.
  • Rehabilitación exterior e interior do muíño fariñeiro do Soldón.
  • Acondicionamento e reforestación do contorno do muíño de aceite de Bendilló.
Museo etnográfico

-PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO.
  • Restauración interior, exterior e do contorno da Igrexa Parroquial de San Salvador no Hospital.
  • Restauración da Igrexa Parroquial de Bendilló.
  • Restauración da Igrexa Parroquial de Quintá do Lor.
  • Restauración da Igrexa Parroquial de Bendollo.
  • Restauración da Igrexa Parroquial de Enciñeira.
  • Restauración da Igrexa Parroquial de Cereixido.
  • Restauración da Igrexa Parroquial de Vilarmel.
  • Restuaración da Igrexa Parroquial de Fisteus.
  • Restauración da Igrexa Parroquial de Vilaster.
  • Restauración da Igrexa Parroquial da Seara.
  • Restauración da Capela das Farrapas en Bendilló.
  • Restauración da Capela de Anguieiros.
  • Restauración da Capela de Margaride.
  • Recuperación do contorno e consolidación dos restos do Castelo de Torrenovaes.
-ACTUACIÓNS PARA A PROMOCIÓN TURÍSTICA DO CONCELLO DE QUIROGA.
  • Edición e difusión do novo folleto turístico con mapa despregable do Concello de Quiroga.
  • Participación no plan integral de sinalización turística levado a cabo pola Asociación Río Lor.
  • Realización dos trámites necesarios para a declaración de monumentos de interese natural para o pregamento de Campodola-Leixazós e os Vales Glaciares da Seara e Vieiros.
  •  Gravación en distintos puntos do Concello de Quiroga dun capítulo da serie de Tele 5 "Hospital Central" no mes de novembro de 2005.

Equipo de actores principais da serie en Quiroga

Grabación episodio Tele 5 "Hospital Central" en Quiroga