28/1/11

BANDEIRA OFICIAL DO CONCELLO DE QUIROGA.

No ano 1998 o equipo de goberno do Concello de Quiroga (Lugo) considerou adoptar unhas armas ou brasón propio no que, coa simboloxía adecuada e conforme as tradicionais pautas de presentación dos emblemas heráldicos, se represente e prepetúe a súa propia peculiaridade. Para iso, e de acordo coas facultades que lle confiren as disposicións legais vixentes, elevou o informe histórico heráldico, co seu correspondente brasonamento e representación gráfica, para a súa aprobación oficial.
A proposta constrúese sobre a base dalgunhas das figuras e cores presentes no emblema heráldico: a torre en alusión ao castelo existente xunto á capitalidade do municipio e as estacas ou paos que nas súas armas pintaron moitas estirpes que tomaron por apelido o propio topónimo municipal.
Na súa virtude, e visto o informe emitido pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia, por proposta do Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecatro de setembro de mil novecentos noventa e oito,

DISPONSE:

Aprobar a bandeira do Concello de Quiroga (Lugo), que quedará organizada do seguinte xeito: sobre pano verde, a torre de amarelo flanqueada de catro franxas verticais, dúas á hasta e dúas ao batente.



Decreto 271/1998, do 24 de setembro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Quiroga (Lugo).
Publicado no DOGA do 7 de outubro de 1998.