27/1/11

QUIROGA EN OBRAS

A política municipal do Concello de Quiroga, polo que ás obras municipais se refire, traducidas a infraestructuras e creación de novos servizos foi, nos últimos anos un exemplo de actuacións consecuente coa realidade das necesidades e en interese da comunidade. Foron, e nalgúns casos están a ser, as obras de construcción, a creción de novos servizos, as obras de saneado e abastecemento de augas, a restauración e rehabilitación de espazos naturais e arquitectónicos para o ocio, adecuación e acondicionado de rúas e pistas, así como doutras obras de carácter menor. Obras en xeral que lle dan ao Concello de Quiroga un algo grao de benestar social.

-OBRAS DE INFRAESTRUCTURA MUNICIPAL.

·  CONSTRUCCIÓN DA PRAZA DE ESPAÑA: Sobre unha superficie de 3.500 m2, no solar onde estivera ubicado o antiguo cuartel da Garda Civil, érguese a Praza de España, un novo espazo no corazón da Vila destinado ao ocio e o tempo libre. Dispón de servizos de aparcadoiros soterrados, parque infantil, Escola Infantil e área de xardíns e zonas verdes.

Praza de España
·  PARQUE INFANTIL NO CONTORNO DA PRAZA DE ESPAÑA.
·  PASEOS FLUVIAIS: Paseo fluvial dende a ponte de Vilaverde ata a desenvocadura do río Quiroga.
·  SENDAS FLUVIAIS: Dende a Ribeira de Abaixo ata a Ponte de Vilaverde e dende a desenvocadura do río Quiroga ata Recubao.
·  MELLORAS NO CAMPO DE FÚTBOL MUNICIPAL “SAN MARTIÑO”: Acondicionamento de servizos, gradas e iliminación.
·  DOTACIÓN DE SERVIZOS, PRAZAS E OUTRAS ACTUACIÓNS NAS PARROQUIAS.
Ø      Centro Socio-cultural de Paradaseca: construcción de nova casa no campo da festa.


Centro Cultural de Paradaseca
Ø      Centro Socio-cultural de Vilanuide: Restauración da antiga casa do pobo (1ª fase).
Ø      Centro Socio-cultural de Campos de Vila: nova casa no campo da festa.
Ø      Centro Socio-cultural de Enciñeira: Rehabilitación da antiga escola rural.
Ø      Centro Social de Bustelo do Lor: Rehabilitación e acondicionamento de antiga casa.
Ø      Restauración da antiga Escola Unitaria de Montefurado para usos múltiples.

Antiga Escola Unitaria de Montefurado
Ø      Acondicionamento da área de recreo no Soldón.
Ø      Adecuación do contorno das Farrapas para a celebración da Mostra do Aceite de Quiroga.
Ø      Construcción de prazas nos lugares de Carballo do Hospital e Nocedo.
Ø      Rehabilitación de Fontes públicas en Anguieiros, Santa Cubicia e Penarrubias.
Ø      Colocación de marquesinas para autobús en Augasmestas, Soldón da Seara, San Xulián e a Ribeira.
Ø      Arranxo das Igrexas de: Hospital, Bendilló, Cereixido, Vilarmel, Outeiro, Bendollo, Enciñeira, Xestoso, Carballo do Lor, A Seara.
Ø      Arranxo das Capelas de Pacios, Margaride, Ferreira, Anguieiros e Soldón da Seara.
Ø      Arranxo e acondicionamento do contorno do Hospital.

Restauración da Igrexa de Hospital
Área de recreo de Ponte Soldón
-OBRAS DE SANEAMENTO, ABASTECEMENTO E NA REDE VIARIA LOCAL.
  • Obras de saneado na zona do Rego da Silva en Quiroga.
  • Traída de auga a Vilanuide (Montefurado).
  • Abastecemento de auga para rega no lugar  de Bendilló.
  • Construcción de tanque de auga e rede de abastecemento en Montefurado.
  • Obras de saneado na Barca do Castelo.
  • Obras de saneado en Anguieiros.
  • Instalación de boca contra incendios en Alvaredos (Montefurado).
  • Obras para a nova traída de auga no lugar de Covallos.
  • Dotación de semáforos na rúa Real de Quiroga.
  • Modernización da Rúa Caurel en Quiroga: construcción de beirarrúas e dotación de mobiliario urbano.
  • Nova travesía de entrada a Quiroga polo Toucedo: renovación e reforzado do pavimento, ampliación do ancho da vía de acceso a 14 m., con dotación de beirarrúas e prazas de aparcamento lateriais. Pintado e sinalización da rúa.
Nova travesía de entrada a Quiroga polo Toucedo
  • Nova travesía na Ribeira.
Nova travesía na Ribeira.
  • Melloras na rúa Pereiro en Quiroga.
  • Melloras na rúa José Amable.
  • Melloras na rúa Ramón y Cajal.
  • Acceso á Ribeira de Abaixo: ensanche e dotación de servizos.
Mellora da rúa de acceso á Ribeira de Abaixo

  • Pavimentación e outras actuacións: na práctica totalidade dos pobos do Concello: San Martiño, Centeáis, Bendollo, A Ermida, Bustelo, Paradela, Covas, Pacios da Serra, Secide, etc.