28/1/11

ANOS CAMBIANDO

Quiroga, anos 70

Quiroga na actualidade

ESCUDO OFICIAL DO CONCELLO DE QUIROGA.

 No ano 1996 o equipo de goberno do Concello de Quiroga (Lugo) considerou conveniente adoptar o seu escudo heráldico para perpetuar, con simboloxía adecuada e conforme as normas da heráldica, os feitos máis relevantes do seu pasado histórico. Para iso, e de acordo coas facultades que lle confiren as disposicións vixentes, elevou o correspondente informe e memoria descritiva para a súa aprobación definitiva.
A competencia exclusiva en materia de adopción, modificación ou rehabilitación dos emblemas heráldicos e bandeiras dos concellos e doutras entidades locais correspóndelle á Comunidade Autónoma galega.
Na súa virtude, visto o informe emitido pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia, e por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteseis de setembro de mil novecentos noventa e seis,

DISPONSE:
Aprobar o escudo heráldico do Concello de Quiroga (Lugo), que quedará organizado do seguinte xeito: de sinople (verde), e sobre ondas de prata (branco) e azur (azul), unha torre de ouro (amarelo), acompañada, no xefe, dunha cruz de San Xoán de prata e flanqueada de catro estacas do mesmo, dúas en cada flanco. O timbre, coroa real pechada.


Decreto 367/1996, do 26 de setembro, polo que se aproba o escudo heráldico do Concello de Quiroga (Lugo).
Publicado no DOGA do 11 de outubro de 1996.


BANDEIRA OFICIAL DO CONCELLO DE QUIROGA.

No ano 1998 o equipo de goberno do Concello de Quiroga (Lugo) considerou adoptar unhas armas ou brasón propio no que, coa simboloxía adecuada e conforme as tradicionais pautas de presentación dos emblemas heráldicos, se represente e prepetúe a súa propia peculiaridade. Para iso, e de acordo coas facultades que lle confiren as disposicións legais vixentes, elevou o informe histórico heráldico, co seu correspondente brasonamento e representación gráfica, para a súa aprobación oficial.
A proposta constrúese sobre a base dalgunhas das figuras e cores presentes no emblema heráldico: a torre en alusión ao castelo existente xunto á capitalidade do municipio e as estacas ou paos que nas súas armas pintaron moitas estirpes que tomaron por apelido o propio topónimo municipal.
Na súa virtude, e visto o informe emitido pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia, por proposta do Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecatro de setembro de mil novecentos noventa e oito,

DISPONSE:

Aprobar a bandeira do Concello de Quiroga (Lugo), que quedará organizada do seguinte xeito: sobre pano verde, a torre de amarelo flanqueada de catro franxas verticais, dúas á hasta e dúas ao batente.



Decreto 271/1998, do 24 de setembro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Quiroga (Lugo).
Publicado no DOGA do 7 de outubro de 1998.

27/1/11

QUIROGA: CONCELLO DE INTERESE TURÍSTICO.

O Concello de Quiroga foi declarado Concello de Interese Turístico por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 7 de xullo de 2005.

Quiroga vista desde a Conchada

Plan de sinalización turística
-OBRAS DE INTERESE TURÍSTICO NO CONTORNO NATURAL DE QUIROGA.
  • Construcción e sinalización do primeiro miradoiro xeolóxico de Galicia en Campodola.
  • Construcción de Paseo Fluvial na marxe dereita dos ríos Quiroga e Sil: a Ribeira - Recubao.
  • Acondicionamento e reforestación do campo da Festa da Ermida.
  • Conservación e creación de novas rutas de sendeirismo no Concello.
Miradoiro xeolóxico de Campodola

Paseo fluvial do río Quiroga
 -OBRAS NO MARCO ETNOGRÁFICO E CULTURAL.
  • Construcción de Museo Etnográfico no baixo do Auditorio Municipal de Quiroga.
  • Restauración integral da aldea da Seara.
  • Recuperación e acondicionamento das rúas da aldea do Castelo.
  • Rehabilitación exterior e interior da antiga escola unitaria de Montefurado.
  • Rehabilitación exterior e interior do muíño fariñeiro do Soldón.
  • Acondicionamento e reforestación do contorno do muíño de aceite de Bendilló.
Museo etnográfico

-PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO.
  • Restauración interior, exterior e do contorno da Igrexa Parroquial de San Salvador no Hospital.
  • Restauración da Igrexa Parroquial de Bendilló.
  • Restauración da Igrexa Parroquial de Quintá do Lor.
  • Restauración da Igrexa Parroquial de Bendollo.
  • Restauración da Igrexa Parroquial de Enciñeira.
  • Restauración da Igrexa Parroquial de Cereixido.
  • Restauración da Igrexa Parroquial de Vilarmel.
  • Restuaración da Igrexa Parroquial de Fisteus.
  • Restauración da Igrexa Parroquial de Vilaster.
  • Restauración da Igrexa Parroquial da Seara.
  • Restauración da Capela das Farrapas en Bendilló.
  • Restauración da Capela de Anguieiros.
  • Restauración da Capela de Margaride.
  • Recuperación do contorno e consolidación dos restos do Castelo de Torrenovaes.
-ACTUACIÓNS PARA A PROMOCIÓN TURÍSTICA DO CONCELLO DE QUIROGA.
  • Edición e difusión do novo folleto turístico con mapa despregable do Concello de Quiroga.
  • Participación no plan integral de sinalización turística levado a cabo pola Asociación Río Lor.
  • Realización dos trámites necesarios para a declaración de monumentos de interese natural para o pregamento de Campodola-Leixazós e os Vales Glaciares da Seara e Vieiros.
  •  Gravación en distintos puntos do Concello de Quiroga dun capítulo da serie de Tele 5 "Hospital Central" no mes de novembro de 2005.

Equipo de actores principais da serie en Quiroga

Grabación episodio Tele 5 "Hospital Central" en Quiroga

EVENTOS GASTRONÓMICOS: PROMOCIÓN DOS PRODUCTOS TÍPICOS.

FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA


MOSTRA DO MEL 


MOSTRA DO ACEITE

QUIROGA EN OBRAS

A política municipal do Concello de Quiroga, polo que ás obras municipais se refire, traducidas a infraestructuras e creación de novos servizos foi, nos últimos anos un exemplo de actuacións consecuente coa realidade das necesidades e en interese da comunidade. Foron, e nalgúns casos están a ser, as obras de construcción, a creción de novos servizos, as obras de saneado e abastecemento de augas, a restauración e rehabilitación de espazos naturais e arquitectónicos para o ocio, adecuación e acondicionado de rúas e pistas, así como doutras obras de carácter menor. Obras en xeral que lle dan ao Concello de Quiroga un algo grao de benestar social.

-OBRAS DE INFRAESTRUCTURA MUNICIPAL.

·  CONSTRUCCIÓN DA PRAZA DE ESPAÑA: Sobre unha superficie de 3.500 m2, no solar onde estivera ubicado o antiguo cuartel da Garda Civil, érguese a Praza de España, un novo espazo no corazón da Vila destinado ao ocio e o tempo libre. Dispón de servizos de aparcadoiros soterrados, parque infantil, Escola Infantil e área de xardíns e zonas verdes.

Praza de España
·  PARQUE INFANTIL NO CONTORNO DA PRAZA DE ESPAÑA.
·  PASEOS FLUVIAIS: Paseo fluvial dende a ponte de Vilaverde ata a desenvocadura do río Quiroga.
·  SENDAS FLUVIAIS: Dende a Ribeira de Abaixo ata a Ponte de Vilaverde e dende a desenvocadura do río Quiroga ata Recubao.
·  MELLORAS NO CAMPO DE FÚTBOL MUNICIPAL “SAN MARTIÑO”: Acondicionamento de servizos, gradas e iliminación.
·  DOTACIÓN DE SERVIZOS, PRAZAS E OUTRAS ACTUACIÓNS NAS PARROQUIAS.
Ø      Centro Socio-cultural de Paradaseca: construcción de nova casa no campo da festa.


Centro Cultural de Paradaseca
Ø      Centro Socio-cultural de Vilanuide: Restauración da antiga casa do pobo (1ª fase).
Ø      Centro Socio-cultural de Campos de Vila: nova casa no campo da festa.
Ø      Centro Socio-cultural de Enciñeira: Rehabilitación da antiga escola rural.
Ø      Centro Social de Bustelo do Lor: Rehabilitación e acondicionamento de antiga casa.
Ø      Restauración da antiga Escola Unitaria de Montefurado para usos múltiples.

Antiga Escola Unitaria de Montefurado
Ø      Acondicionamento da área de recreo no Soldón.
Ø      Adecuación do contorno das Farrapas para a celebración da Mostra do Aceite de Quiroga.
Ø      Construcción de prazas nos lugares de Carballo do Hospital e Nocedo.
Ø      Rehabilitación de Fontes públicas en Anguieiros, Santa Cubicia e Penarrubias.
Ø      Colocación de marquesinas para autobús en Augasmestas, Soldón da Seara, San Xulián e a Ribeira.
Ø      Arranxo das Igrexas de: Hospital, Bendilló, Cereixido, Vilarmel, Outeiro, Bendollo, Enciñeira, Xestoso, Carballo do Lor, A Seara.
Ø      Arranxo das Capelas de Pacios, Margaride, Ferreira, Anguieiros e Soldón da Seara.
Ø      Arranxo e acondicionamento do contorno do Hospital.

Restauración da Igrexa de Hospital
Área de recreo de Ponte Soldón
-OBRAS DE SANEAMENTO, ABASTECEMENTO E NA REDE VIARIA LOCAL.
  • Obras de saneado na zona do Rego da Silva en Quiroga.
  • Traída de auga a Vilanuide (Montefurado).
  • Abastecemento de auga para rega no lugar  de Bendilló.
  • Construcción de tanque de auga e rede de abastecemento en Montefurado.
  • Obras de saneado na Barca do Castelo.
  • Obras de saneado en Anguieiros.
  • Instalación de boca contra incendios en Alvaredos (Montefurado).
  • Obras para a nova traída de auga no lugar de Covallos.
  • Dotación de semáforos na rúa Real de Quiroga.
  • Modernización da Rúa Caurel en Quiroga: construcción de beirarrúas e dotación de mobiliario urbano.
  • Nova travesía de entrada a Quiroga polo Toucedo: renovación e reforzado do pavimento, ampliación do ancho da vía de acceso a 14 m., con dotación de beirarrúas e prazas de aparcamento lateriais. Pintado e sinalización da rúa.
Nova travesía de entrada a Quiroga polo Toucedo
  • Nova travesía na Ribeira.
Nova travesía na Ribeira.
  • Melloras na rúa Pereiro en Quiroga.
  • Melloras na rúa José Amable.
  • Melloras na rúa Ramón y Cajal.
  • Acceso á Ribeira de Abaixo: ensanche e dotación de servizos.
Mellora da rúa de acceso á Ribeira de Abaixo

  • Pavimentación e outras actuacións: na práctica totalidade dos pobos do Concello: San Martiño, Centeáis, Bendollo, A Ermida, Bustelo, Paradela, Covas, Pacios da Serra, Secide, etc.

QUIROGA EN OBRAS II

1.-NOVAS DOTACIÓNS EN ZONAS VERDES PARA O TEMPO DE LECER.

  • PARQUE DA CONSTITUCIÓN:
Ø      Instalación de novas dotacións para os nenos.
Ø      Construcción de pista polideportiva.

Pista polideportiva Parque da Constitución.

  • PRAZA DE ESPAÑA:
Ø      Servizo de cafetería con terraza.
Ø      Construcción de nova Escola Infantil para nenos de 0 a 3 anos.



·        CONTORNO DO CEIP E ALBERGUE MUNICIPAL.
Ø      Contrucción de pista deportiva (cancha de tenis).


Pista de tenis no contorno do CEIP


2.-CONSTRUCCIÓN DE NOVO POLIDEPORTIVO.


Interior do novo Pavillón Polideportivo Municipal
3.-CONTRATACIÓN DE TRABALLADORES (PLAN LAXA e outros): Do sector louseiro en situación de desemprego, durante 18 meses.

4.-MUSEO ETNOGRÁFICO MUNICIPAL DE QUIROGA.
  • Adecuación e rehabilitación de baixos do Auditorio Municipal para crear esta instalación.
Museo Etnográfico Municipal de Quiroga

  • Incorporación de novas pezas para os fondos do museo e creación de novas salas de exposición permanente.

5.-PROGRAMA A.R.I.
  • Rehabilitación integral do Casco Vello de Quiroga e Pacios de Mondelo.

6.-CONSTRUCCIÓN E ACONDICIONADO URBANO.
  • Rúa San Martiño.
  • Rúa Arroio.

7.-CONSTRUCCIÓN DE APARCADOIRO DE AUTOBUSES PARA O COLEXIO DE PRIMARIA E PAVILLÓN POLIDEPORTIVO.

8.-CONSTRUCCIÓN DE XIMNASIO MUNICIPAL PARA A XUVENTUDE NO BAIXO DA CASA DE CULTURA.

9.-NOVA SALA PARA ACTIVIDADES FÍSICAS E DEPORTIVAS NO CENTRO SOCIAL PARA O COLECTIVO ADULTO E MAIOR.

10.-CONSTRUCCIÓN DE NOVA SALA DE EXPOSICIÓNS NA CASA DA CULTURA E XUVENTUDE.

11.-CONSTRUCCIÓN DE TELECENTRO DE COMUNICACIÓNS DOTADA PARA CURSOS DE INFORMÁTICA, VIDEOCONFERENCIA, ETC.


Telecentro de comunicaciones
12.-APERTURA DE NOVAS RUTAS DE SENDEIRISMO:
  • Camiño Ferradal de Rugando a Ponte Soldón.
  • Camiño da Seara a Formigueiros polo val de Forgas.
  • Camiño do Souto da Caleira da Fonte da Cal a Cereixido.

13.-MANTEMENTO DE RUTAS DE SENDEIRISMO:
  • Seara á Lagoa da Lucenza (construcción do Pontón da Lomeira).
Sendeiro da Lagoa da Lucenza, pontón da Lomeira
  • Recuperación do sendeiro panorámico da Fervenza de Vieiros e acondicionamento de aparcadoiro (en execución).
  • Recuperación do sendeiro da Devesa do Cervo ao Montouto.
  • Mantemento e sinalización do Camiño Sur a Santiago ao seu paso polo Concello de Quiroga.

14.-NOVAS FASES DE RESTAURACIÓN DA IGREXA DO HOSPITAL E O SEU CONTORNO.

15.-CONSTRUCCIÓN DE CENTROS SOCIAIS NAS PARROQUIAS:
  • Centro social da Ermida.
  • Centro social de Bustelo do Lor.
  • Centro social de Campos de Vila (última fase).

16.-CONSTRUCCIÓN DE NOVAS VIVENDAS SOCIAIS.

17.-CONSTRUCCIÓN DE VARIAS ILLAS ECOLÓXICAS. Para soterrar os bidóns do lixo en varios puntos da Vila de Quiroga.

18.-CONSTRUCCIÓN DE NOVOS MIRADOIROS:
  • Miradoiro de Bustelo de Fisteus.

  • Miradoiro de Anguieiros (Montefurado).


19.-CONSTRUCCIÓN DE NOVO ACCESO A ÁREA DA BOCA DE ENTRADA DO TÚNEL ROMANO DE MONTEFURADO.

20.-CONSTRUCCIÓN DE SENDA VERDE DE QUIROGA A ERMIDA.

21.-POLÍGONO INDUSTRIAL.

-OBRAS EN CONSTRUCCIÓN OU PROXECTADAS:

1.-MUSEO XEOLÓXICO E DA NATUREZA.

Edificio do futuro Museo Xeolóxido e da Natureza

Interior do futuro Museo Xeolóxico e da Natureza.

2.-ACONDICIONAMENTO DA RÚA RÍO MIÑO (QUIROGA).
3.-NOVA FASE DE RESTAURACIÓN IGREXA DE HOSPITAL (CAPELA DE SAN XOÁN).
4.-NOVA TRAÍDA DE AUGA.
5.-INSTALACIÓNS PARA A LUDOTECA INFANTIL NO BAIXO DA CASA DA CULTURA.
6.-NOVAS VIVENDAS SOCIAIS NAS ANTIGAS CASAS DOS MESTRES.
7.-CENTRO SOCIAL E EDIFICIO DE USOS MÚLTIPLES NA RIBEIRA.
8.-ACONDICIONAMENTO DO CONTORNO DO EDIFICIO DE USOS MÚLTIPLES DA RIBEIRA CON ZONAS VERDES, DE XOGOS E PISTAS DEPORTIVAS.

PARQUE MÓBIL MUNICIPAL.

Cando o Partido Popular volveo ao goberno de Quiroga no ano 1987, con Julio Álvarez como Alcalde, o Parque Móbil do Concello de Quiroga era dun só vehículo. Na actualidade está composto por 12 coches, 1 motobomba e 1 moto, que dan cobertura a todos os servizos do Concello.

Parque móbil municipal, xaneiro de 2011

GRUPO DE EMERXENCIAS SUPRAMUNICIPAIS (G.E.S.) E PROTECCIÓN CIVIL.

Os Servizos Municipais de Intervención Rápida e de Protección Cilvil do Concello de Quiroga constitúense como servizo públicos e marco legal de actuación ante todo o sistema de prevención e resposta ante situacións de emerxencia locais orientado á protección física de persoas e bens nunhas correctas circunstancias derivadas de situacións de emerxencia de carácter xeral como son as provocadas por incendios forestais e urbanos, vento, precipitacións fortes, nevadas, accidentes de tráfico, deslizamientos de terras, etc. 

-ACTUACIÓNS DO GRUPO DE EMERXENCIAS SUPRAMUNICIPAIS.

.NO EIDO MEDIOAMBIENTAL.
  • Emerxencia contra o lume no ámbito forestal (24 h).
  • Recollida e transporte de cartón (negocios e particulares).
  • Servizo de recollida e depósito de residuos sólidos urbanos no punto limpo.
  • Reparto e colocación de contenedores de lixo en Quiroga e Parroquias.
.SERVIZOS DE CARÁCTER SOCIAL.
  • Reparto de comidas a domicilio a veciños con necesidades de atención física ou psíquica.
  • Reparto de alimentos da Cruz Vermella a familias necesitadas.

.MANTEMENTOS MUNICIPAIS.
  • Lavado e limpeza de rúas en Quiroga e Parroquias.
  • Reparación, lavado e desentupidos de desaguadoiros e sumidoiros públicos.
  • Reparación de estradas e camiños en mal estado por acumulación de neve.
  • Aplicación de sal en estradas e camiños por causas de xeadas e neve.
  • Reparación e bacheado en camiños de acceso ás parroquias.
  • Sinalización e balizado de zonas perigosas.
  • Colocación de alumeados e sinalización viaria para eventos en feiras e festas.
  • Sinalización e pintado de rúas en feiras e festas.
  • Colocación e reparación de mobiliario urbano en rúas parques e xardíns.
  • Aportación de auga en depósitos das parroquias por causas de sequía.
  • Reparación de contenedores, sinais e avarías no alumeado en xeral.

Lavado e mantemento de espazos públicos.

.COLABORACIÓN COS VECIÑOS:
  • Emerxencias contra o lume en domicilios particulares (24 h.).
  • Desentupido e reparación de desaguadoiros nas casas.
  • Entrada en vivendas por olvido de chaves.
-AGRUPACIÓN LOCAL DE PROTECCIÓN CIVIL.

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Quiroga constituíuse no ano 1.995 e dende entón realiza numerosas actuación e servizos de carácter local.
O Servizo de Protección Civil Municipal, dende a súa posta en funcionamento realiza intervencións en coordinación co Concello de Quiroga, co Servizo de Emerxencias 112 e coa Xefatura Provincial de Protección Civil, entre as que destacan:
  • Adecuación de pistas e camiños locais por exceso de chuvias.
  • Adecuanción de accesos ás parroquias por acumulación de neve, con máquina quitaneves.
  • Busca de persoas desaparecidas.
  • Loita contra incendios forestais e urbanos.
Emerxencias Protección Civil de Quiroga


Protección Civil de Quiroga nunha carreira ciclista

  • Control de tráfico e persoas en festas, feiras, probas deportivas, concertos, etc. En colaboración coa Policía Local.