29/4/15

EDIFICIO MUNICIPAL DE SERVICIOS SOCIAIS DA RIBEIRA

Centro Social, centro de día (20 pax) e fogar residencial (20 pax)



Centro Social acondicionado no primeiro andar do edificio municipal de servizos sociais da Ribeira

Centro Social da Ribeira

Centro Social da Ribeira

Centro Social da Ribeira

Centro Social da Ribeira

Parque infantil e pistas polideportivas do Centro Social da Ribeira

28/4/15

MOSTRA DO ACEITE DE QUIROGA. FESTA DE INTERESE TURÍSTICO DE GALICIA

A declaración de festa de interese turístico de Galicia para a Mostra do Aceite de Quiroga foi aprobada polo Consello da Xunta de Galicia do día 23 de maio de 2015.




27/4/15

SINCLINAL DA SERRA DO CAUREL DECLARADO MONUMENTO NATURAL DE GALICIA

O grandioso Sinclinal da Serra do Caurel foi declarado Monumento Natural polo Decreto 120/2012, de 26 de abril. Esta declaración afecta o treito do pregamento comprendido entre as aldeas quiroguesas de Campodola e Leixazós.

Acto declaración monumento natural

26/4/15

AS MELLORAS DOS ÚLTIMOS ANOS

Melloras no Campo de Futbol municipal San Martiño

Melloras na rúa de acceso ao Campo de Fútbol Municipal

Apertura do Museo Xeolóxico Municipal de Quiroga

Praza de San Blas en Pacios de Mondelo

Treito superior da Rúa Real de Quiroga

Treito superior da rúa Real de Quiroga

28/1/11

ANOS CAMBIANDO

Quiroga, anos 70

Quiroga na actualidade

ESCUDO OFICIAL DO CONCELLO DE QUIROGA.

 No ano 1996 o equipo de goberno do Concello de Quiroga (Lugo) considerou conveniente adoptar o seu escudo heráldico para perpetuar, con simboloxía adecuada e conforme as normas da heráldica, os feitos máis relevantes do seu pasado histórico. Para iso, e de acordo coas facultades que lle confiren as disposicións vixentes, elevou o correspondente informe e memoria descritiva para a súa aprobación definitiva.
A competencia exclusiva en materia de adopción, modificación ou rehabilitación dos emblemas heráldicos e bandeiras dos concellos e doutras entidades locais correspóndelle á Comunidade Autónoma galega.
Na súa virtude, visto o informe emitido pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia, e por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteseis de setembro de mil novecentos noventa e seis,

DISPONSE:
Aprobar o escudo heráldico do Concello de Quiroga (Lugo), que quedará organizado do seguinte xeito: de sinople (verde), e sobre ondas de prata (branco) e azur (azul), unha torre de ouro (amarelo), acompañada, no xefe, dunha cruz de San Xoán de prata e flanqueada de catro estacas do mesmo, dúas en cada flanco. O timbre, coroa real pechada.


Decreto 367/1996, do 26 de setembro, polo que se aproba o escudo heráldico do Concello de Quiroga (Lugo).
Publicado no DOGA do 11 de outubro de 1996.


BANDEIRA OFICIAL DO CONCELLO DE QUIROGA.

No ano 1998 o equipo de goberno do Concello de Quiroga (Lugo) considerou adoptar unhas armas ou brasón propio no que, coa simboloxía adecuada e conforme as tradicionais pautas de presentación dos emblemas heráldicos, se represente e prepetúe a súa propia peculiaridade. Para iso, e de acordo coas facultades que lle confiren as disposicións legais vixentes, elevou o informe histórico heráldico, co seu correspondente brasonamento e representación gráfica, para a súa aprobación oficial.
A proposta constrúese sobre a base dalgunhas das figuras e cores presentes no emblema heráldico: a torre en alusión ao castelo existente xunto á capitalidade do municipio e as estacas ou paos que nas súas armas pintaron moitas estirpes que tomaron por apelido o propio topónimo municipal.
Na súa virtude, e visto o informe emitido pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia, por proposta do Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecatro de setembro de mil novecentos noventa e oito,

DISPONSE:

Aprobar a bandeira do Concello de Quiroga (Lugo), que quedará organizada do seguinte xeito: sobre pano verde, a torre de amarelo flanqueada de catro franxas verticais, dúas á hasta e dúas ao batente.



Decreto 271/1998, do 24 de setembro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Quiroga (Lugo).
Publicado no DOGA do 7 de outubro de 1998.

27/1/11

QUIROGA: CONCELLO DE INTERESE TURÍSTICO.

O Concello de Quiroga foi declarado Concello de Interese Turístico por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 7 de xullo de 2005.

Quiroga vista desde a Conchada

Plan de sinalización turística
-OBRAS DE INTERESE TURÍSTICO NO CONTORNO NATURAL DE QUIROGA.
  • Construcción e sinalización do primeiro miradoiro xeolóxico de Galicia en Campodola.
  • Construcción de Paseo Fluvial na marxe dereita dos ríos Quiroga e Sil: a Ribeira - Recubao.
  • Acondicionamento e reforestación do campo da Festa da Ermida.
  • Conservación e creación de novas rutas de sendeirismo no Concello.
Miradoiro xeolóxico de Campodola

Paseo fluvial do río Quiroga
 -OBRAS NO MARCO ETNOGRÁFICO E CULTURAL.
  • Construcción de Museo Etnográfico no baixo do Auditorio Municipal de Quiroga.
  • Restauración integral da aldea da Seara.
  • Recuperación e acondicionamento das rúas da aldea do Castelo.
  • Rehabilitación exterior e interior da antiga escola unitaria de Montefurado.
  • Rehabilitación exterior e interior do muíño fariñeiro do Soldón.
  • Acondicionamento e reforestación do contorno do muíño de aceite de Bendilló.
Museo etnográfico

-PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO.
  • Restauración interior, exterior e do contorno da Igrexa Parroquial de San Salvador no Hospital.
  • Restauración da Igrexa Parroquial de Bendilló.
  • Restauración da Igrexa Parroquial de Quintá do Lor.
  • Restauración da Igrexa Parroquial de Bendollo.
  • Restauración da Igrexa Parroquial de Enciñeira.
  • Restauración da Igrexa Parroquial de Cereixido.
  • Restauración da Igrexa Parroquial de Vilarmel.
  • Restuaración da Igrexa Parroquial de Fisteus.
  • Restauración da Igrexa Parroquial de Vilaster.
  • Restauración da Igrexa Parroquial da Seara.
  • Restauración da Capela das Farrapas en Bendilló.
  • Restauración da Capela de Anguieiros.
  • Restauración da Capela de Margaride.
  • Recuperación do contorno e consolidación dos restos do Castelo de Torrenovaes.
-ACTUACIÓNS PARA A PROMOCIÓN TURÍSTICA DO CONCELLO DE QUIROGA.
  • Edición e difusión do novo folleto turístico con mapa despregable do Concello de Quiroga.
  • Participación no plan integral de sinalización turística levado a cabo pola Asociación Río Lor.
  • Realización dos trámites necesarios para a declaración de monumentos de interese natural para o pregamento de Campodola-Leixazós e os Vales Glaciares da Seara e Vieiros.
  •  Gravación en distintos puntos do Concello de Quiroga dun capítulo da serie de Tele 5 "Hospital Central" no mes de novembro de 2005.

Equipo de actores principais da serie en Quiroga

Grabación episodio Tele 5 "Hospital Central" en Quiroga

EVENTOS GASTRONÓMICOS: PROMOCIÓN DOS PRODUCTOS TÍPICOS.

FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA


MOSTRA DO MEL 


MOSTRA DO ACEITE

QUIROGA EN OBRAS

A política municipal do Concello de Quiroga, polo que ás obras municipais se refire, traducidas a infraestructuras e creación de novos servizos foi, nos últimos anos un exemplo de actuacións consecuente coa realidade das necesidades e en interese da comunidade. Foron, e nalgúns casos están a ser, as obras de construcción, a creción de novos servizos, as obras de saneado e abastecemento de augas, a restauración e rehabilitación de espazos naturais e arquitectónicos para o ocio, adecuación e acondicionado de rúas e pistas, así como doutras obras de carácter menor. Obras en xeral que lle dan ao Concello de Quiroga un algo grao de benestar social.

-OBRAS DE INFRAESTRUCTURA MUNICIPAL.

·  CONSTRUCCIÓN DA PRAZA DE ESPAÑA: Sobre unha superficie de 3.500 m2, no solar onde estivera ubicado o antiguo cuartel da Garda Civil, érguese a Praza de España, un novo espazo no corazón da Vila destinado ao ocio e o tempo libre. Dispón de servizos de aparcadoiros soterrados, parque infantil, Escola Infantil e área de xardíns e zonas verdes.

Praza de España
·  PARQUE INFANTIL NO CONTORNO DA PRAZA DE ESPAÑA.
·  PASEOS FLUVIAIS: Paseo fluvial dende a ponte de Vilaverde ata a desenvocadura do río Quiroga.
·  SENDAS FLUVIAIS: Dende a Ribeira de Abaixo ata a Ponte de Vilaverde e dende a desenvocadura do río Quiroga ata Recubao.
·  MELLORAS NO CAMPO DE FÚTBOL MUNICIPAL “SAN MARTIÑO”: Acondicionamento de servizos, gradas e iliminación.
·  DOTACIÓN DE SERVIZOS, PRAZAS E OUTRAS ACTUACIÓNS NAS PARROQUIAS.
Ø      Centro Socio-cultural de Paradaseca: construcción de nova casa no campo da festa.


Centro Cultural de Paradaseca
Ø      Centro Socio-cultural de Vilanuide: Restauración da antiga casa do pobo (1ª fase).
Ø      Centro Socio-cultural de Campos de Vila: nova casa no campo da festa.
Ø      Centro Socio-cultural de Enciñeira: Rehabilitación da antiga escola rural.
Ø      Centro Social de Bustelo do Lor: Rehabilitación e acondicionamento de antiga casa.
Ø      Restauración da antiga Escola Unitaria de Montefurado para usos múltiples.

Antiga Escola Unitaria de Montefurado
Ø      Acondicionamento da área de recreo no Soldón.
Ø      Adecuación do contorno das Farrapas para a celebración da Mostra do Aceite de Quiroga.
Ø      Construcción de prazas nos lugares de Carballo do Hospital e Nocedo.
Ø      Rehabilitación de Fontes públicas en Anguieiros, Santa Cubicia e Penarrubias.
Ø      Colocación de marquesinas para autobús en Augasmestas, Soldón da Seara, San Xulián e a Ribeira.
Ø      Arranxo das Igrexas de: Hospital, Bendilló, Cereixido, Vilarmel, Outeiro, Bendollo, Enciñeira, Xestoso, Carballo do Lor, A Seara.
Ø      Arranxo das Capelas de Pacios, Margaride, Ferreira, Anguieiros e Soldón da Seara.
Ø      Arranxo e acondicionamento do contorno do Hospital.

Restauración da Igrexa de Hospital
Área de recreo de Ponte Soldón
-OBRAS DE SANEAMENTO, ABASTECEMENTO E NA REDE VIARIA LOCAL.
  • Obras de saneado na zona do Rego da Silva en Quiroga.
  • Traída de auga a Vilanuide (Montefurado).
  • Abastecemento de auga para rega no lugar  de Bendilló.
  • Construcción de tanque de auga e rede de abastecemento en Montefurado.
  • Obras de saneado na Barca do Castelo.
  • Obras de saneado en Anguieiros.
  • Instalación de boca contra incendios en Alvaredos (Montefurado).
  • Obras para a nova traída de auga no lugar de Covallos.
  • Dotación de semáforos na rúa Real de Quiroga.
  • Modernización da Rúa Caurel en Quiroga: construcción de beirarrúas e dotación de mobiliario urbano.
  • Nova travesía de entrada a Quiroga polo Toucedo: renovación e reforzado do pavimento, ampliación do ancho da vía de acceso a 14 m., con dotación de beirarrúas e prazas de aparcamento lateriais. Pintado e sinalización da rúa.
Nova travesía de entrada a Quiroga polo Toucedo
  • Nova travesía na Ribeira.
Nova travesía na Ribeira.
  • Melloras na rúa Pereiro en Quiroga.
  • Melloras na rúa José Amable.
  • Melloras na rúa Ramón y Cajal.
  • Acceso á Ribeira de Abaixo: ensanche e dotación de servizos.
Mellora da rúa de acceso á Ribeira de Abaixo

  • Pavimentación e outras actuacións: na práctica totalidade dos pobos do Concello: San Martiño, Centeáis, Bendollo, A Ermida, Bustelo, Paradela, Covas, Pacios da Serra, Secide, etc.